Manifesto de Apoio á apertura do albergue

Na actualidade mais de 300 persoas malviven nas rúas de Vigo. Aquí e agora, na cidade que se dá en chamar "o motor económico da Galiza", onde as institucións asignan presupostos multimillonarios para intervencións urbanísticas moi complexas e custosas. Tras debates, dúbidas, "zancadillas", aprazamentos, a posta en marcha do tan necesario albergue de titularidade pública na nosa cidade está en proceso de apertura. É necesaria e urxente unha resposta axeitada ás necesidades das persoas que viven sen teito.

As continuas mortes na rúa, cinco persoas faleceron no que vai de ano, así como a crecente mobilización cidadá reclamando ás institucións competentes unha resposta, contribuíron a recente posta en marcha por parte do Concello de Vigo, dun dispositivo de emerxencia contra o frío de carácter temporal (ata o 15 de marzo). Isto non deixa sen efecto a necesidade, real e urxente, de dispor dun albergue público de carácter permanente, os 365 días do ano.

É por iso que hoxe (por el día 18 de febrero) aquí nos convocamos ao redor do emblemático edificio da "Gota de Leite" para formar esta cadea humana en torno a decisión da Vicepresidencia da Xunta de Galicia de ubicar neste emprazamento o futuro Albergue Público e Centro de Emerxencia Social. A cidade de Vigo dispón dunha oportunidade inmellorable para atender esta demanda histórica e urxente neste lugar: pola súa capacidade, polo espazo dispoñible, pola proximidade aos recursos normalizados, por ubicación e polas súas instalacións. Dende a Rede Social Galicia Sur consideramos que o proxecto que se pretende ubicar neste edificio é a opción máis factible, con menor custo e de posta en marcha máis sinxela e rápida, que atenderá con mellor calidade ás necesidades das persoas que se atopan sen fogar.

Ante isto reclamamos que:

  • A este proxecto nos se lle poñan máis trabas administrativas porque non podemos permitir que se siga a negociar coa pobreza.
  • Que a reforma do edificio da "Gota de Leite" se converta nun proxecto de cidade independentemente de quen o lidere ou xestione, que sexa unha obra prioritaria e urxente e que, para iso, conte con suficientes orzamentos.
  • Que non se continúe con esta dinámica de facelo por fases, que sexa un centro de calidade e axeitado ás necesidades reais, sendo a creación do servizo de camas unha prioridade, a máis urxente.

A situación das persoas que se atopan sen fogar foi durante moitos anos invisible. Hoxe aquí facemos nosas estas necesidades e comprometémonos na loita para que ningún ser humano viva sen teito nesta cidade.

SOLUCIÓN XA PARA AS PERSOAS SEN FOGAR!!!

Comentarios